BENVIDOS AO HOTEL VALCARCE EN NARÓN, MOI PRETO DE FERROL
No hotel Valcarce de Ferrol, do Grupo Valcarce, atoparán un aloxamento que combina á perfección a elegancia e a comodidade para unha estadía moi pracenteira.
Unha localización perfecta en Narón, a 10 minutos de Ferrol, e unhas instalacións completas e versátiles convérteno no hotel ideal tanto para persoas que se atopan en viaxes de negocios, como para as que se achegan a Ferrol de vacacións.
PRESTACIÓNS DO NOSO HOTEL
O hotel Valcarce Ferrol está situado a 3,4 km de Narón e a escasos 10 minutos en coche de Ferrol, e ofrece aparcadoiro gratuíto. Ademais, se se hospedan no noso hotel, estarán a tan só 1 hora en coche de Santiago de Compostela e a 88 km do aeroporto de Lavacolla.
O noso hotel Valcarce Ferrol dispón dunha fantástica cafetaría con terraza e un amplo restaurante no que poderán degustar a marabillosa gastronomía da zona de Ferrol.
INSTALACIÓNS DO HOTEL VALCARCE FERROL
Poderán gozar dunha cafetaría con terraza cun horario ininterrompido de 5:00 a 3:00h, que se adapta ás necesidades de todos os nosos clientes.
O noso restaurante ofrece un menú diario e carta, ademais de varios prezos para celebracións e eventos de empresa.
Outras instalacións e servizos do noso hotel Valcarce Ferrol:
- Internet – wifi gratis.
- Aparcadoiro gratis privado.
- Pequeno supermercado no establecemento.
- Adaptado a persoas con mobilidade reducida.
- Ascensor.
- Recepción 24 horas.
- Gardaequipaxe.
- Zona TV/salón compartidos.
- Fax e fotocopiadora.
Entorno natural:
O hotel Valcarce Ferrol resulta perfecto para percorrer a bisbarra de Ferrol: única pola súa apaixonante costa, cunha gran riqueza cultural e histórica, con frondosas fragas e fervenzas… Invitámosvos a descubrir a nosa bisbarra, Ferrol!
Habitacións do hotel Valcarce Ferrol:
As habitacións do hotel Valcarce Ferrol destacan polo seu deseño, amplitude, comodidade e o seu completo equipamento para que todos os clientes gocen dunha estadía perfecta, xa veñan por traballo ou de vacacións. Dispoñemos de dous tipos de habitacións: suite e habitación dobre.
Os nosos servizos de restauración:
Cafetaría
A cafetaría do noso hotel será o lugar ideal onde tomar algo a calquera hora. Grazas á súa amplitude de horarios, poderán almorzar, tomar un café dende as 5 da mañá e tomar unha copa ata as 3 da madrugada.
Restaurante Valcarce
O noso restaurante ofrece menú do día, menús para grupos e carta. Ademais, terán a posibilidade de realizar banquetes e celebracións familiares e de empresa en calquera dos nosos salóns privados, cun aforo total máximo de 137 persoas.
Pechamos en Noiteboa e Noitevella.
Centro de negocios do hotel Valcarce Ferrol:
Sala de reunións Valcarce Ferrol
Pódese empregar como centro de negocios e como sala para pequenas celebracións, de forma versátil e segundo as súas necesidades. Conta cunha capacidade máxima de 40 persoas.
Salón de eventos Valcarce Ferrol
Tamén se pode empregar tanto para celebracións familiares como para eventos de empresa. Conta cunha capacidade máxima de 250 persoas.
SUITE
Unha suite espazosa e con todas as comodidades para que se atopen como en casa: un espazo no que traballar, no que relaxarse e no que poder durmir, decorado con encanto e funcionalidade.
Equipamento da suite:
- Aire acondicionado.
- Bañeira de hidromasaxe.
- Escritorio.
- Zona de estar
- Calefacción.
- Gardarroupa.
- Sofá.
- Chan de madeira/parqué.
- Secador de pelo.
- Artigos de aseo gratuítos.
- Wifi gratis.
Superficie da habitación: 55 m².
Tipo de cama: King Size.
Equipamento da habitación:
- Aire acondicionado.
- Escritorio.
- Calefacción.
- Chan de madeira/parqué.
- Bañeira.
- Secador de pelo.
- Artigos de aseo gratuítos.
- Wifi gratis en todas as habitacións.
Superficie da habitación: 23 m².
Tipo de cama: unha cama dobre ou dúas camas individuais.
HABITACIÓN DOBRE ESTÁNDAR
As nosas habitacións dobres destacan pola súa decoración moderna, sobria e elegante ao mesmo tempo. Ofrecen comodidade, descanso e encanto a todos os nosos clientes, tanto se a súa estadía é por traballo, como se é por vacacións.
Ferrol: onde natureza, cultura e patrimonio histórico se xuntan
Ferrol foi construído cara o mar, para defendelo das invasións. Así, fronte ao paseo dos Cantóns ou á alameda de Suances, atoparán o Arsenal Militar, un dos lugares máis interesantes que visitar en Ferrol.
Ferrol é un destino atractivo pola súa combinación de natureza, arquitectura e historia que se mestura coa industria da cidade, como os estaleiros, as longuísimas praias e a preciosa costa que rodea a cidade.
Praias de Ferrol
Se algo destacamos de Ferrol é a súa ampla zona costeira, que permite achegarnos ao mar de forma extraordinaria e rodearnos de paisaxes coas que descubriremos as rías altas e as súas praias tranquilas e íntimas, así como os grandes areais que miran ao Atlántico. A zona de Ferrol conta con 7 praias con bandeira azul que están agardando a que veñades gozar do mar nun entorno natural único.
O cantil máis alto de Europa, en Ferrol
Poderedes gozar dunha marabillosa paisaxe na serra da Capelada, que descende directamente ata as augas do Atlántico, nunha sucesión de cantís preto de San Andrés de Teixido. O cantil máis alto de Europa ten 613 metros de altura sobre o nivel do mar na garita de Herbeira e unha pendente do 80%. A miúdo vense cabalos salvaxes na estrada que atravesa a serra da Capelada.
Patrimonio histórico de Ferrol
O conxunto patrimonial histórico de Ferrol ten un gran valor por ser un expoñente de varias épocas históricas: dende a aproximación a unha cidade portuaria da Ilustración no barrio portuario de Ferrol Vello, tipicamente medieval, ata o da Magdalena, declarado Ben de Interese Cultural, que é particular polos seus trazados rectos e as dúas prazas simétricas. Este conxunto de Ferrol pode considerarse o exemplo máis próximo á cidade ideal do século XVIII.
Fervenza do río Belelle
O río Belelle ten un profundo val no seu curso medio, con paisaxes frondosas e de gran beleza. Ao seu paso por Neda, poderán ver unha fervenza que salva o desnivel de 45 metros, que se elevou a 135 metros para construír a presa da Fervenza.
Parque natural Fragas do Eume
As fragas do río Eume son un exemplo perfecto de bosque autóctono na franxa litoral de Galicia. O parque natural Fragas do Eume, de 9125 hectáreas, está considerado como o mellor bosque atlántico costeiro desta zona de Europa. Ademais da presenza de carballos e doutros exemplares botánicos de gran interese natural, as paisaxes non mudaron moito dende que se poboou por primeira vez esta zona de Galicia e, ao mesmo tempo, segue a existir unha boa mostra de fauna ameazada e, por tanto, de gran valor biolóxico.
Ofertas e promocións
Tel. 981 93 10 09
–
HOTEL VALCARCE FERROL
Avenida Gonzalo Navarro, 129
A Coruña
–